Contexto Histórico.

Os anos 1886 – 1950 constitúen un intre histórico de grande importáncia para Galiza. Será nestes anos nos que Galiza se dignifica cultural e políticamente, feito que coincide cuns momentos moi críticos para a economia labrega e mariñeira. De seguido damos uns pequenos dados destes dous aspectos tan decisivos para a vida dun país pre-capitalista como era a Galiza de fins do século XIX.

A AGRICULTURA:

Desde meiados do século Galiza ven funcionando como unha colónia do Reino Unido e a partires do 1914 do Estado Español. Galiza proveía de gando a estes dous estados colonialistas, sen que o País obtivé-se ningun benefício, é dicer, o intercámbio comercial era netamente desigual, e o campo galego non poderia modernizar as suas técnicas de explotación da terra. Por si fose pouco, os escasos benefícios que os labregos obtiñan deste comércio eran destinados á terra para liberá-la dos foros.

O foro era un contrato agrário mediante o cal o labrego facia uso dos bens dos foratários, persoa aristócrata ou pequeno burgués, que posuian a meirande parte da propriedade da terra, e a cámbio, o labrego tiña que pagar unha renda.

ÁLBUM NOS: Dous vellos amigos: o foro e os oblatas.As tentativas para a abolición dos foros xa se fixeran patentes desde finais do século XIX, pero o asunto quedou legalmente finiquitado co decreto-lei de Redención dos Foros no ano 1926. De todos os xeitos, xa era un proceso imparábel desde primeiros do século XX debido ás presións dos labregos e ás organizacións agraristas.

Por se fose pouco, os labregos aínda tiñan que facer frente aos trabucos ou impostos das institucións.

Todos estes factores (colonialismos, foros, trabucos) repercutiron negativamente no proceso de modernización da agricultura, creando un estado de inxustiza social, de atraso, que Castelao nos ensina moi clararamente no seu álbum Nós.

A PESCA:

Galiza viviu até o século XVI-XVII un período de prosperidade neste eido, que se viu truncado coa aparición das indústrias catalanas que trastocaron os esquemas tradicionais de explotación do mar, impoñendo as suas artes expoliadoras para obter a máxima rendibilidade. Isto supón a ruina dos pequenos industriais ao non poder competiren con estas artes depredadoras. Surxen os asalariados e xornaleiros que traballan para as industrias catalanas asentadas na Galiza cuns salários moi baixos o que produce procesos migratórios en busca de mellores oportunidades.

A primeiros do século XX aparecen as industrias conserveiras, que viviron unha fase de expansión logo da 1ª Guerra Mundial. Estas indústrias conserveiras foron promocionadas polos industriais cataláns.

A EMIGRACIÓN:

Todos estes aspectos da vida económica galegan desembocan no inevitábel camiño da emigración transoceánica, emigración O Drama da Emigraciónque acada no tempo no que viviu Castelao cifras arrepiantes, medio millón de persoas, na sua meirande parte homes en plena mocidade. A emigración produciu, asimesmo, desaxustes demográficos, sociais, políticos e económicos. A poboación galega facia-se moi vella; os emigrados voltaban, cando voltaban, cunha elevada dose de autoodio para co país, etc.

A crenza de que América era unha terra de oportunidades, Castelao tentou contrarrestá-la plasmando nos seus debuxos do Álbum Nós as misérias, o drama, do emigrado.

UNS PEQUENOS DADOS BIOGRÁFICOS DE CASTELAO:

O 7 de Xaneiro de 1950 un "carcinoma de pulmón" remata coa vida física de Castelao, pero quedará para sempre o seu legado artístico, político, humano.

 

Bibliografía:

- HISTÓRIA XERAL DE GALICIA, VV.AA., edicións A Nosa Terra, 1997.

-ARTE E VERDADE (a obra literária de Daniel Castelao) de Manuel Rei Romeu, edicións do Cumio, 1991.

- O NACIONALISMO GALEGO de Justo G. Beramendi e Xosé M. Núñez Seixas, edicións A Nosa Terra, 1995.

- CASTELAO E BÓVEDA, IRMÁNS, vv.aa., edicións A Nosa Terra, 1986.