
-¿E se ao dar a volta a terra caese a auga do mar enriba do sol? |
Así quexeran que sempre fose a nosa Terra. |
-O médico dixo que meu pai ten un catarro intestinal. -¿E por onde tose? |
-¿Que me das e son teu mozo? -¿Eu?, Eu douche unha labazada. |
-Mire que teña ben de zucre, que se non zorrégolle unha pedrada. |
-Dame unha chupada, anda. -É de chocolate. -Anque sexa. |
![]() -A mi gustas una barbaridá, sabes?, pero como eres can de palleiro... -Vaites, Vaites,... |
-¿E para que son os deputados? -Eu non o sei meu fillo. |
-Pola alma dos seu defuntos, Señor, déame para ir ao cine, que estou seguindo unha película e non a podo deixar. |
O SAPO: ¡Ainda hai cans! ¡Ainda hai cans! |
ORADOR POLÍTICO: Yo os juro bajo mi palabra de honor.... (risas). |
-¿Por que non lle dás de comer ao can?. -Para o que traballa... -Pois entón, ¿Por que non o matas? -Para o que come. |
O SAPO 1º: O home manda en todo. O SAPO 2º: Pero o home é escravo do home. |
A felicidade, lonxe dos homes. |
-Disque van subir os selos das cartas. -¡Que ben fixemos en non saber escribir!. |
-¿E a consulta que ides tomar é de médico ou é de avogado?. -Gracias a deus polo de agora é de médico señor. |
-¡Pobriña! Morreulle un canciño que lle chamaban "Fifi". |
-Debes mostrarte amable con Pepe. -Pero es idiota. -Aunque no lo fuese, hija mía. |
-Ese muchacho dicen que sabe muchísimo. -Si; pero tiene un acento tan gallego... |
-¡Gandulo! ¡Lacazán! ¡Borrachón!. -Boeno... Xa empezamos coas indiretas...! |
-O noso candidato vale moito, moito!. -¿E como se chama?. -Home..., non me acordo. |
-Yo nunca sentí la necesidad de saber gallego. -Es que esa necesidad no se siente en la barriga. |
-¡Qué aburrido estás desde que no mandas...! ¿Por qué no aprendes ortografía y te entretienes?. |
-O meu neto morre, que xa mo dixo o médico. -Non fagas caso. Se cho dixese un avogado, aínda.... |
-Fixemos unha rogativa para que San Roque nos librase da peste... ¿e sabes quen levou o estandarte?. -Foi o cacique. |
-Vostede terá moito dereito; pero eu teño moita razón. |
-Eu estudio para vos redimir. -¿E o que escribie os libros tamén estudiou nos libros?. |
O MÉDICO: ¿Non dixeches que sacharías de balde na miña horta se te curaba?. O PAISANO: Diría, si, señor; como tiña tanta febre... |
-Hai que defender España. -Mellor sería que España nos defendese a nos. |
-Ela non me quería e mateina. |
-Eu pensei que ían repartir as riquezas. -Pois eu xa me daba por satisfeito se repartisen a fame. |
-Do mar non facían caso. -Pensarían que se facían as sardiñas nas fábricas. |
-Tamén no meu tempo houbo cousas grandes que non serviron para nada. |
-Se os nosos deputados fosen cataláns, sacaban o ferrocarril. -Abondaba que se sentisen Galegos. |
-Se vostede non cre en nada, ¿Por que foi de vela na procesión?. -Porque levaba o estandarte don Fulano. |
-Nas cidades prohibiron os pobres. -Sería mellor que prohibiran a probeza. |
¡Que pequenos son os homes! |
-O caciquismo nácelle aos povos como che nace a barba. ¡Aféitate, home, aféitate!. |