DISCURSOS:
Estes tres discursos foron pronunciados nas Cortes da II República Española durante a primeira lexislatura de 1931 a 1933. Discursos que durante décadas se mantiveron silenzados no "Diario de Sesiones" das Cortes españolas:
- PROXECTO DE CONSTITUCIÓN (18-09-1931).
- PROPÓSITO DO ESTATUTO GALEGO (18-12-1931).
- OS PROBLEMAS DE GALICIA (28-05-1933).
ALBA DE GRORIA (1948) prponunciado no Centro Galego de Bueno Aires.
Paralelamente nace en 1916 na cidade de A Coruña a Irmandade da Fala; ainda que baixo a pretensión de desenvolver un labor basicamente cultural, representou o primeiro intento sério por rachar coa disgregación do galeguismo. En 1916 nace o xornal A NOSA TERRA, que será voceiro primeiro das Irmandades da Fala e logo máis tarde do nacionalismo galego; a este xornal incorpora-se Castelao ao ano seguinte, en 1917, como artista.
No 1918 Castelao acode á 1ª Asemblea Nacionalista de Lugo, asinando el e outros escritores galegos un manifesto, que na prática constitúe o programa político dun partido nacionalista, declarando o seguinte: "Tendo Galiza tódalas características esenciaes de nazonalidade, nós nomeámonos, d-hoxe para sempre, nazonalistas galegos, xa que a verba rexionalismo non recolle tódalas aspiraciós nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas". Asentan-se deste xeito as reivindicacións básicas a nível sócio-político que guiarán a redación do programa do Partido Galeguista en 1931 e do Estatuto de Galiza.
No ano 1922 xorden as primeiras discrepáncias dentro das Irmandades entre os que avogan por un compromiso de maior acción política e os que optaban por unha liña máis culturalista. Deste xeito nasce neste mesmo ano a Irmandade Nacionalista Galega, ING, que non teria unha longa vida debido á escasa incidéncia social e logo debido á ditadura de Primo de Rivera.
Non será nesta etapa na que Castelao pase definitivamente á acción política, por dicé-lo dalgún xeito; nestes anos dedicará-se sobre todo á actividade literária e artística, loitando por oferecer desde este ámbito unha visión desmitificada de Galiza, colaborando intesamente na revista El Sol de Madrid. É curiosa a pretensión de Castelao de gañar, antes que nada, prestíxio como intelectual antes de pasar ao campo da política, consciente como era do descreto dos políticos aos ollos do povo, deste xeito, xesta a meirande parte da sua obra non ensaística nestes anos precisamente, ainda que algunhas das suas obras como Retrincos ou a obra teatral Os Vellos non deben namorarse se publiquen despois de 1930.
Castelao a esta altura é plenamente consciente da necesidade de artellar un partido nacionalista que fose capaz de rematar dunha vez co caciquismo, cos reinos de taifas, co sucursalismo e de dotar con voz própria unha sociedade sometida á marxinación.
Aclarar que por
estes anos os partidos políticos eran só unha pantalla detrás
da cal se ocultaban os caciques que controlaban as masas de
votantes e bastante a miúdo os resultados das eleicións.
Dentro do nacionalismo galego imperaba o enquistamento, divisións e enfrontamentos internos. Pero en outubro de 1930 algo empeza a mudar, asina-se o Compromiso de Barrantes onde o nacionalismo, o republicanismo máis o agrarismo (Castelao, Otero Pedrayo, Casares Quiroga, ) dan-se a man para fixar uns obxectivos comuns: liquidación do caciquismo, do centralismo e de todo réxime político que non emane da soberania popular, consecución da autonomía plena para Galiza, cooficialiade do Galego e o Castelán, galeguización da universidade e o ensino en xeral, a liberación da terra e a dignificación social do campesiño.
En 1931 Castelao presenta-se como candidato ás cortes constituíntes dentro da Candidatura Republicana, acadando a sua acta de deputado.
En decembro de 1931 acoden a Pontevedra 32 grupos ou correntes coa pretensión de rematar dunha vez por todas a atomización no que o nacionalismo galego estaba sumido; con esta idea nace o Partido Galeguista cos seguintes pontos programáticos:
Nas eleicións
de 1933 Castelao perde a súa acta de deputado. No Partido
Galeguista producen-se movimentos da dereita galeguista contra os
nacionalistas de esquerda como Bóveda e Suárez Picallo aos que
se une Castelao. A Castelao nomea-no Secretario Político do
Partido Galeguista e ao mesmo tempo foi desterrado a Badajoz en
1934.
Nas eleicións
de febreiro de 1936 o Partido Galeguista integra-se na
candidatura da Frente Popular fixando como condición plebiscitar
o Estatuto de Galiza en caso de vitoria eleitoral e Castelao
acada outravolta a acta de deputado. Asi, deste xeito, Castelao mais o Partido Galeguista desenvolven unha intensa laboura de
propaganda a favor do Estatuto: mitins, deseño de carteis, etc.
Para Castelao o Estatuto, que foi plebiscitado o 28 de xuño de
1936 e que non puido ser aprobado polas Cortes por mor do
alzamento militar de 1936, supoñia un paso táctico que non enchia as aspiracións do nacionalismo, pero que era un paso
previo imprescidíbel para acadar unha Galiza Ceibe.
Coa Guerra Civil Castelao desde o exílio desenvolve un intenso traballo a prol da República; deste xeito viaxa á URSS, Estados Unidos, Cuba e Buenos Aires, tomando contacto coas colectividades galegas de emigradas.
O noso Castelao,
agora tan vanamente nomeado, está sendo obxecto, paseniña pero
inexorabelmente, dunha manipulación consistente en reducir a
artista a quen foi un lúcido e apaixoado político nacionalista.
Intentan presentar como ideoloxicamente aséptico a quen estaba
disposto a acoller a nación baixo a estrela de cinco pontas,
como símbolo de traballo. Non era un home contraditório, mais
claro e contundente no aspecto axial do seu pensamento e da sua
conduta, un apaixoado nacionalista de esquerdas.
Confusionismo, manipulación, ... vestiron-se de gala o dia 28 de xuño de 1984 para traer os restos mortais de Castelao. Enterraron os seus restos precisamente os mesmos que anos antes proibian os seus libros, os seus debuxos ou formaron parte da estirpe política que se alzou en armas contra o povo galego que acababa de plebiscitar o Estatuto do 1936.
Castelao
é un símbolo, é o símbolo do povo galego, que non pode quedar
reducido a homenaxes fúnebres unha vez ao ano, ou cando toque,
ou repartir medalliñas co seu nome e rostro gravados, a Castelao
hai que asumí-lo na prática.
Bibliografia:
- HISTÓRIA XERAL DE GALICIA, VV.AA., edicións A Nosa Terra, 1997.
-ARTE E VERDADE (a obra literária de Daniel Castelao) de Manuel Rei Romeu, edicións do Cumio, 1991.
- O NACIONALISMO GALEGO de Justo G. Beramendi e Xosé M. Núñez Seixas, edicións A Nosa Terra, 1995.
- CASTELAO
E BÓVEDA, IRMÁNS, vv.aa., edicións A Nosa Terra, 1986.